Xornadas de Divulgación Histórica en Compostela · 25, 26 e 27 de setembro (IES Rosalía de Castro)
Santiago de Compostela acolle unha nova edición de Compostela Histórica, as xornadas dedicadas a explorar, comprender e compartir a nosa historia dende perspectivas pouco habituais. Esta xeira reunirá especialistas, divulgadoras e investigadoras nun programa que combina conferencias, rutas e actividades abertas á cidadanía. Un encontro pensado para achegar o coñecemento histórico á sociedade e fortalecer o diálogo entre investigación, patrimonio, narrativa e comunidade.
Relatorios 2026
Actividades
Encontro Enoliterario
Compostela Histórica acolle este ano o encontro enoliterario “100 Viños, 100 Libros”, evento organizado pola familia Paadín.
Unha celebración que pon en valor a cultura galega a través da unión entre o sector vitivinícola e a creación literaria.
Un espazo aberto e gratuito para descubrir, conversar e gozar da nosa identidade a través das palabras e dos sabores.
Da man de Valle, o roteiro de Arquitectura e memoria en Compostela, a cidade converterase nun escenario vivo onde a pedra fala, as prazas respiran e cada fachada conta unha historia. Un percorrido para mirar con ollos novos e deixar que a beleza arquitectónica sorprenda.
Santiago garda a pegada de Rosalía de Castro en cada recanto. No roteiro, A Compostela de Rosalía, Merche Espiño convertirá a cidade nun mapa emocional. Descubrirase a Rosalía seguindo os pasos que aínda resoan na Compostela que a inspirou.
Inscrición
Cubre o formulario para reservar en Compostela Histórica!
Ubicación do evento:
IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela
Así foi Compostela Histórica 2025
Todos os relatorios dispoñibles na nosa canle de YouTube: