ENCONTRO ENOLITERARIO - Sábado 26 de setembro
Alejandro Paadín
Enxeñeiro de Deseño Industrial e Executive MBA.
Alejandro Paadín transforma o rigor técnico en paixón polos viños. Á fronte de Paadín Eventos S.L., nos últimos 15 anos impulsou catas e formación en máis de 30 países de 4 continentes, proxectando o viño galego no mundo. É autor dos libros Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia (+25.000 exemplares e 13 edicións no mercado 2012-2025), Lagares Rupestres de Galicia: As Pedras que facían viño (2017), Guía de productos agroalimentarios de Excelencia da Reserva da Biosfera (2022) e Guía de vides y manzanos para la elaboración de vinos y sidras tradicionales en las reservas de la biosfera españolas (2025).
Tamén é voceiro habitual en SER Radio Coruña e redactor de enoturismo na revista Traveling (presente en cruceiros e compañías aéreas de Europa), combina prestixio de sumiller con xornalismo especializado. Cada proxecto seu entrelaza método, narrativa e emoción para demostrar que o viño é ciencia, cultura… e futuro.
Compostela Histórica converterase nun espazo de encontro entre xeracións, saberes e sensibilidades coa celebración do Encontro Enoliterario “100 Viños, 100 Libros”. Esta iniciativa impulsada polos Paadín une dúas das grandes paixóns culturais de Galicia: o viño e a literatura. O sábado 26 de setembro convertirase nunha xornada que combina divulgación, patrimonio e creatividade.
Durante o evento, o público poderá descubrir e catar máis de cen viños galegos, representativos das cinco denominacións de orixe. O encontro contará tamén coa presenza de autores e autoras, que participarán en conversas, sinaturas e conversas informais.
“100 Viños, 100 Libros” preséntase así como unha celebración da nosa identidade: unha viaxe sensorial e intelectual onde cada copa e cada páxina contan unha historia que merece ser compartida.
ROTEIROS - Domingo 27 de setembro
Valle García
"A ARQUITECTURA EN COMPOSTELA"
Arquitecta, Máster en Rehabilitación Arquitectónica pola UCD, Máster en Arte Museología y Crítica Contemporánea pola USC.
É directora de Valle Arquitectura, estudo dende o que desenvolve a súa actividade
profesional no ámbito da rehabilitación arquitectónica, a recuperación do patrimonio
construido e a intervención en edificios históricos, cunha ampla experiencia en proxectos de conservación e adaptación do patrimonio ás necesidades actuais.
Ao longo da súa traxectoria ten traballado dende unha visión que integra arquitectura,
memoria, contexto e calidade espacial, entendendo o patrimonio como unha realidade viva que debe dialogar co presente.
Foi tamén directora da galería de arte contemporánea Monty4, onde durante máis de dez anos comisariou numerosas exposicións con artistas consagrados e emerxentes da escena artística galega, promovendo o diálogo entre creación contemporánea, espazo urbano e sociedade. O interese polas relacións e sensibilidades entre arte, arquitectura e territorio está presente tanto na súa práctica profesional como nos seus proxectos de investigación, divulgación e comisariado cultural.
Mercedes Espiño Amil
“A COMPOSTELA DE ROSALÍA”
Pontevedra, 1956. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, profesora de Lingua e Literatura Galega en Cambados e Ribeira. De 1982 á súa xubilación en 2016 exerceu no IES Eduardo Pondal de Compostela. Activista da lingua e da educación, obtivo recoñecementos como o 2º premio na V Edición do certame Educacompostela en 2007 polo Programa de acollida do alumnado estranxeiro e en 2011 coa proposta Espazos recuperados en Santiago de Compostela obtivo o primeiro premio á innovación educativa da Consellaría de Educación, na modalidade de fomento do plurilingüismo.
Interesada na literatura e cultura nacional da Galiza, ten formulado e dirixido roteiros ou paseos literarios polas diferentes Compostelas, entre outras, a de Rosalía de Castro, a das Irmandades da Fala, a de Francisco Asorey ou a de Daniel Castelao.
En canto á obra bibliográfica, publicou varios libros, anosou obras teatrais, deseñou roteiros en Compostela, colaborou en diversas publicacións como Andaina, revista do Movemento Feminista Galego; Raiola, do Centro Galego de Vitoria-Gasteiz; Revista Galega de Educación; Gran Enciclopedia Gallega; semanario Sermos; xornal Nós Diario e o libro Espazos de Rosalía en Compostela. Un paseo por Santiago con Rosalía de Castro (2021). Tamén ten publicado o Itinerario sobre Asorey por Compostela.